#CuacResiste

#CuacResiste no Campo da Leña

 

CUAC FM PRESENTA O MANIFESTO POLO DEREITO A COMUNICAR

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña dende 1996, presentará hoxe sábado 11 de novembro ás 12:45 no Campo da Leña da Coruña (Praza de España) o Manifesto polo dereito a comunicar”. Un manifesto reivindicativo en defensa do dereito de existencia dos medios de comunicación comunitarios e cidadáns, que, como Cuac FM, están a ser perseguidos ou sancionados.

O manifesto será lido por tres fermosas voces: o escritor e xornalista Manuel Rivas (padriño de Cuac FM), a escritora Estíbaliz Espinosa e o decano xornalista de Radio Nacional de España, Antón Luaces.

O acto estará presentado pola xornalista coruñesa María Nieto e contará coa participación de diversos persoeiros públicos, representantes dos medios de comunicación, do mundo da cultura e de diversos movementos sociais da sociedade civil.

CAMPAÑA #CuacResiste. Asina o Manifesto!

A lectura do manifesto significará o punto de partida para unha recollida de sinaturas en favor do dereito de existencia dos medios comunitarios, co fin de que a Xunta de Galicia arquive o expediente sancionador e propoña unha solución para os medios libres e comunitarios que están operando en Galicia nunha situación de absoluta inseguridade legal.

SESIÓN VERMÚ

Tras a lectura do manifesto, celebraremos unha sesión vermú no Campo la Leña, con música e moito bo rollo, pois Cuac FM é, sobre todo, diversión!

Cuac FM convida a toda a súa audiencia e á cidadanía coruñesa a acompañarnos neste acto tan especial. UNETE!

Expediente sancionador á CUAC FM

A única radio comunitaria da Coruña, con case 22 anos ás súas costas, atópase hoxe ameazada por unha sanción da Xunta de Galicia e que podería supor unha multa de ata 200.000€, unha cifra absolutamente desproporcionada para unha emisora que é xestionada por unha asociación cultural e sen ánimo de lucro, que non ten actividade económica algunha e se financia principalmente polas cuotas dos seus asociados e asociadas.

Cuac FM e o resto de radios libres do estado levan 7 anos esperando – dende a aprobación da lei 7/2010 de comunicación audiovisual- a que o goberno regule a súa situación e aprobe o regulamento especifico para os servizos de emisión comunitarios sen animo de lucro, tal e como obriga a Lei Xeral.

Deixar unha resposta