O pasado luns 30 de outubro de 2017 CUAC FM foi a protagonista dun programa especial realizado pola veteranísima emisora comunitaria madrileña Radio Vallekas, á que lle agradecemos profundamente o seu apoio. Para CUAC é unha honra contar con tan boas amigas dentro do movemento de radios libres e comunitarias. 
No seu programa matinal, Radio Vallekas realizou un especial de 1 hora e media de duración en recoñecemento e apoio á CuacFM, ante o expediente aberto pola Xunta de Galicia, que obrigou á emisora comunitaria da Coruña, a deixar de emitir na FM.
O programa estivo conducido por Valeria Surcis e Maykel Perez, locutores de Radio Vallekas, e contou coa participación de María Navarro, presidenta da Rede de Medios Comunitarios; Manuel Chaparro, profesor da Universidade de Málaga e director xeral da rede de emisoras locais andaluzas EMA-RTV e Falo Marcos coordinador da emisora asturiana Radio Kras. Por parte de CUAC FM interviron Mariano Fernández e Tomi Desastre (socios fundadores de Cuac FM). Todo este despregue foi posible grazas ao control técnico José Luis Navarro Nieto.
ESCOITA O PODCAST #CuacResiste no #MatinalRVK no noso RadioCo:
Radio Vallekas súmase así á campaña #CuacResiste e que xa conta co apoio de numerosas emisoras do terceiro sector, compañeiros de outros medios de comunicación o o Colexio de Xornalistas de Galicia, entre outras entidades galegas. Así mesmo, Cuac conta co apoio da Rede de Medios Comunitarios ou da Asociación Mundial de Radios Comunitarias.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.