
Hoxe, 30 de setembro, ás 21:00 comeza o Maratón Radiofónico co que as socias e socios de CUAC FM despediremos a emisión por frecuencia modulada, ás 01:03:40 da noite do domingo ao luns 2 de outubro.
Serán 28 horas 3 minutos e 40 segundos consecutivas de emisión, producidas polas voluntarias da emisora, así como antigos colaboradores que se sumaron a este programa especialA partires dese momento, CUAC FM apaga a súa emisión no dial do 103.4 da FM.
Esta decisión é ocasionada polo expediente sancionador aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia pola emisión sen licencia.
Hoxe CUAC FM quere seguir sendo un espazo aberto a comunidade, polo que vos podedes achegar nesta despedida pola Zapateira para despedir o 103.4 FM, participade a través do chat do directo CUAC FM, no teléfono de directo 881 01 22 32 ou deixando mensaxes e audios no Whatsapp no número 644737303
Se non nos podes escoitar na FM, sempre está dispoñible o streaming por internet en https://cuacfm.org/directo ou descargar a App movil (Android) (iPhone)
Quen teña honra, que nos siga. #CuacResiste
A programación das máis de 28 horas consecutivas de directo constará dos seguintes espazos radiofónicos especiais:
| Hora | Programa |
| 21:00 |
Y a tí que te importa
|
| 22:00 |
Simplemente gente
|
| 23:00 |
Mi rollo es el rock
|
| 0:00 |
La tarde a nuestra manera
|
| 1:00 | Spoiler CUAC FM |
| 2:00 |
El Desinformativo
|
| 3:00 |
El Desinformativo
|
| 4:00 | Perforacción |
| 5:00 | Daniel Paglia |
| 6:00 | Daniel Paglia |
| 7:00 | Daniel Paglia |
| 8:00 |
A radio dos gatos
|
| 9:00 | Nubes de Papel |
| 10:00 | Folk in trío |
| 11:00 | En Boxes |
| 12:00 | Radiantes |
| 13:00 |
La hora del Rock and roll
|
| 14:00 | Lucas (Dentro de un Orden) |
| 15:00 | Radiocassette |
| 16:00 | Millenial |
| 17:00 | Recendo |
| 18:00 | Loco Iván |
| 19:00 | Lali & Friends |
| 20:00 | Cuac and Roll |
| 21:00 |
Héctor Está a Pasar
|
| 22:00 | Sin Etiquetas |
| 23:00 | Circo Pirata |
| 0:00 |
Especial Jam session peche
|
| 1:03:40 | … pasamos a Internet |