As bases do XIX Concurso de bandas e solistas de CUAC FM preveía para hoxe día 20 o fallo dos xurados. Ante o record de proxectos participantes temos un pequeno retraso no traballo de puntuación pero xa está a piques de rematar. Antes do día de San Xoan daremos os nomes das bandas galegas que participarán no Festival Noroeste Estrella Galicia, así como a Mellor banda local, que tamén actuará no citado festival.
Finalmente, daremos a coñecer o nome dos finalistas na Batalla de Bandas que se celebrará o 7 de outubro na Sala Mardi Gras. Para estes premios dotados con 800 e 600 euros xa entran bandas de todo o Estado.
Grazas pola vosa compresión e paciencia.
Foto de The Royal Flash, gañadores da batalla de bandas na edición 2016.