Parte do equipo de CUAC FM no día da Ciencia na Rúa 2016

Un ano máis, e xa imos pola 5ª edición, CUAC FM participará no Día da Ciencia na Rúa, que está a organizar a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
CUAC FM, a radio comunitaria de Coruña, emitirá un programa especial en directo dende o parque de Santa Margarida, unha aventura radiofónica a pé de rúa, que coma sempre, dará moito que falar e que escoitar.

 

TRES HORAS DE EMISIÓN EN DIRECTO

Ao longo de 3 horas de programa en directo entrevistaremos a entidades como GLU ON, la Axencia de Doazón de Órganos, o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, o Instituto Oceanográfico da Coruña e aos responsables do proxecto de divulgación científica dos MC2 “Spoiler de cine”: Borja Tosar, Xavi Fonseca e Bibiana Visos.

Mais os grandes protagonistas do noso programa, o que o fai, emotivo e especial, serán os nenos e nenas que este sábado estarán a pe de jaima ensinando os seus traballos científicos aos visitantes.

Máis de 36 centros educativos estarán presentes nesta edicion e nos falaremos cunha ampla representación deles. Xóvenes cientificos aos que entrevistaremos por primeira vez pero ogallá non sexa a última!

 

UN EQUIPO DE LUXO DE CUAC FM

Nesta edición, CUAC FM conta cun equipazo de 15 personas volcadas na producción do programa. No apartado técnico estarán Mr Iverson, Chema, Mr Bugalú, Roberto e Antonio.

Á fronte da condución do programa, como cada año, contaremos con Samu Cao e Isa Lema. Roberto Catoira e Tomi Desastre serán os nosos expertos rexidores.

E os reporteiros serán Paula, Kiko, Chus, Toñi, Nuno, Luis e Mónica, ao fronte dos micros a pé de rúa, e recollendo as impresións dos visitantes do parque.

SODES TODOS E TODAS BENVIDAS A VISITARNOS NO POSTO DE CUAC FM, A CARÓN DA ENTRADA DA CASA DAS CIENCIAS!

E PODES ESCOITARNOS NO 103.4 FM E NA WEB https://cuacfm.org/directo/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.