Obradoiro: “Construíndo redes para unha comunicación alternativa”
Cando? 16 e 17 de xullo de 2016
Onde? Na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo. Paseo Marítimo da Coruña).
16 de xullo, 2016.
18:00. Panel de experiencias. FERRAMENTAS E PROXECTOS DE SOFTWARE LIBRE PARA A INNOVACIÓN NA COMUNICACIÓN DIXITAL
- IAGO VELOSO. “RADIOCO”: PROGRAMA DE GRAVACIÓN AUTOMATIZADA DE PROGRAMAS E XERACIÓN DE PODCASTS PARA RADIO
- CHEMA CASANOVA (GPUL). SOFTWARE LIBRE NUNHA EMISORA COMUNITARIA. (Streaming, compartir arquivos, descargar podcasts, poñer música e editar son)
- JORGE LAMA (MELISA). FERRAMENTAS LIBRES PARA EDITAR E GRAVAR O TEU PROGRAMA E COMO CREAR UN PODCAST.
19:00.- 21:30 HACKATON. COMPARTINDO RECURSOS E MELLORANDO OS SISTEMAS TECNOLÓXICOS DAS RADIOS LIBRES E COMUNITARIAS (PODE CONTINUAR DOMINGO POLA MAÑA)
Dinamizan: GPUL, MELISA, CUAC FM.
Espazo de innovación e traballo colaborativo no que os participantes desenvolverán proxectos baseados en hardware (ferramentas low cost e tecnoloxías libres como Raspberry Pi 2, U-Control UCA 222) e software libre (python, icecast, DarkIce, VLC).
PROXECTOS A DESENVOLVER (propostas a discutir):
– Grupo de traballo de Streaming en medios comunitarios
– Grupo de traballo de Redifusión de podcast ou programas doutras emisoras.
– Grupo de traballo de instalación de radioco e desenvolvemento de novas aplicacións.
– Grupo de traballo de como simplificar a emisión en exteriores.
– Grupo de traballo de ferramentas de reprodución e edición como Raddit, DJ Mixxx, Audacity, Ardour.
Sesión 2: “Mocidade en rede, novas formas de comunicación social”
17 de xullo, 2016.
11.00. Panel. “CONSTRUÍNDO REDES PARA UNHA COMUNICACIÓN ALTERNATIVA”
- NOEMI GIRÁLDEZ. FEDELLO. Revolucionando as ondas ourensás dende a universidade (Ourense).
- MARIANO FERNÁNDEZ. CUAC FM. Facendo radio comunitaria dende 1996 (A Coruña).
- ADRIANA PÉREZ. A KALIMERA. Trinta anos de emisión libre en Compostela (Santiago de Compostela).
- MIGUEL MIDOES. As radios comunitarias votan á andar: O caso de Radio Manobras (Porto)
12.00. Coloquio. AS REDES DE MEDIOS LIBRES E COMUNITARIOS. PARA QUE SERVEN E CÓMO SE ORGANIZAN?
- AGUS HERNÁN. Sindicato de Radios Libres Francés. A participación dos medios comunitarios dentro do sector da comunicación. Unha perspectiva europea.
- ALEJANDRO BLANCO. Onda Color Málaga. O traballo de EMA-RTV (Asociación de Emisoras Municipales de Andalucía de Radio y Televisión) na redacción da nova lei andaluza de comunicación.
- JAVIER GARCÍA. Rede de Medios Comunitarios-ReMC. o traballo da Rede en defensa dos dereito fundamental de liberdade de expresión e comunicación.
- FÁBIO RIBEIRO. Ideas para un observatorio de medios comunitarios: eventos recentes a nivel internacional e o silencio en Portugal.
- MARIANO FERNÁNDEZ. REGARLIC. O posicionamento das institucións ante as emisoras libres e comunitarias galegas.
13.00. Obradoiro. COMO DEFENDER O DEREITO A COMUNICAR? ARTELLANDO UN RECOÑECEMENTO LEGAL PARA OS MEDIOS COMUNITARIOS
Coa participación de todos/as participantes.
INSCRICIÓN
A inscrición no Obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” é gratuíta
Para participar só tes que enviar un email cos teus datos persoais (nome e apelidos, idade, email e tfno) ao correo electrónico: tecnoloxia@cuacfm.org
O obradoiro está aberto a calquera persoa interesada en participar e que se inscriba debidamente na xornada. Non é preciso ser socio de ningunha das comunidades arriba referidas, simplemente ter interese nas actividades propostas.
En caso de haber máis solicitudes que prazas, outorgase prioridade aos mozos e mozas menores de 35 anos, por ser o colectivo prioritario do obradoiro. O número máximo de participantes será 50 persoas.
ORGANIZACIÓN E PARTICIPANTES
O obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” está promovido por un grupo de mozos e mozas interesados en crear e potenciar espazos de comunicación alternativa, empregados pola mocidade galega, e que están baseados tamén no desenvolvemento de novas tecnoloxías baseadas no software libre.
Este obradoiro trata de ser un espazo de encontro entre as comunidades de software libre e os medios libres, comunitarios e educativos que existen en Galicia. É un proxecto innovador, pois desenvólvese por primeira vez en Galicia, e este obradoiro pretende establecer as bases para un futuro traballo en redes entre mozos e mozas interesadas nas tecnoloxías abertas, máis non só a nivel galego, senón en colaboración coas redes estatais e internacionais máis estábeis e experimentadas.
Participarán amigos e amigas das diferentes comunidades galegas de software libre (GPUL, MELISA), da rede galega de medios libres e comunitarios (REGARLIC) máis tamén coas redes europeas (AMARC), estatais (REMC) e coas redes máis activas a nivel estatal (País Vasco, Madrid, Andalucía). Acompáñannos tamén activistas do norte de Portugal, que compartirán as experiencias das radios libres portuguesas.