Semana intensa para o Xurado do XVIII Concurso de Bandas de CUAC FM. Tras unha primeira escoita, quedan 43 bandas que están a ser puntuadas tanto polos xurados externos a CUAC, persoas de ampla traxectoria no mundo da música, como polos socios e socias de CUAC que están colaborando co concurso.

O vindeiro domingo teremos os resultados. Pode tardar un ou dous días máis en facerse públicos mentres verificamos algúns detalles. Como moi tarde, o martes 12 de xeito coordinado co Concello da Coruña, daránse a coñecer as tres bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste no mes de agosto na Coruña.

As duas bandas seleccionadas para a Batalla de bandas do 1 de outubro na Sala Mardi Gras faranse públicas unha vez pasado o Festival Noroeste.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.