O pasado 21 de Abril o programa Radioactiva, que reune a voluntarios e usuarios do Albergue de Transeúntes de Padre Rubinos, participou nas VII Xornadas de persoas sin teito organizadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña no Centro Cívico de Labañou. Nestas xornadas as integrantes de Radioactiva compartiron cos asistentes a experiencia de facer un programa de radio en vivo mostrando a capacidade que ten a radio como ferramenta para o empoderamento das persoas en situacións de exclusión social.
Hoxe 5 de maio, emitiuse no horario habitual de RadioActiva no 103.4 de CUAC FM a grabación deste programa que podedes escoitar no podcast dispoñible na nos plataforma RadioCo de CUAC FM na páxina de RadioActiva.