IMOS DE CEA… IMOS DE FESTA!
CUAC FM quere celebrar o seu 20 aniversario con unha gran festa na que reencontrarnos socios e socias de tódas as épocas, dende os programas recén chegados ata aqueles que puxeron a andar a nosa emisora en 1996.
Convidámosvos a participar nunha cena aniversario que de seguro pasará a historia, proporcionaranos mil anécdotas, reencontros, risas aseguradas e moi bo humor.
¿CANDO E ÓNDE?
Día: Venres 1 de abril de 2016.
Lugar: Restaurante Boavista
C/Real 83, 9ª planta, 15003 A Coruña (edificio do Casino da Rúa Real)
MENÚ
Aperitivos: Empanada artesá + tostas de ibérico, tumaca e queixo +croquetas de marisco
Prato principal: Medallóns de lomo Duroc ao queixo San Simón con pataquiñas
Postre: Souffle Alaska
QUERES ASISTIR?
PREZOS: Entrada xeral 20 euros.
Entrada bonificada para persoas que son ou foron socias de CUAC FM (estudantes, desempregados, xubilados): 15 euros
Para dúbidas escribe a promocion@cuacfm.org
COMO PAGAR A ENTRADA Á CEA?
Xa podes realizar o pagamento a través de PayPal coa túa tarxeta de crédito no seguinte formulario ou podes realizar unha transferencia bancaria na conta de CUAC en Caja España: IBAN: ES4821084771190014095075.
No pago por PayPal, se queres pagar máis dunha entrada, simplemente agrega unha persoa o carriño da compra, levarache a PayPal, preme en Continuar para seguir e volve engadir outra persoa.
AÍNDA NON ESTÁS INSCRITO: CUBRE O FORMULARIO