Alex Cortiñas e Isa Lema. Foto by Jorge Lama ‏@raivenra

Alex Cortiñas e Isa Lema. Foto by Jorge Lama ‏@raivenra

CUAC FM participou o pasado sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiron sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia.

O sábado pola tarde, desenvolveronse unha serie de obradoiros formativos, nos que o noso compañeiro Alex Cortiñas @_alexcortinas, membro da coordinadora de Tecnoloxía, impartiu un obradoiro introductorio ao programa de grabación automática “Radioco” que desenvolvemos en CUAC FM.

Alex estivo acompañado das compañeiras da coordinadora de contidos, Isa lema @sabelabranco e Bea Ulalume, que explicaron o proxecto de Radioco dende o punto de vista da xestión e usabilidade (poñendo como exemplo Cuac FM).

Podedes ver a presentación do obradoiro (pdf) en galego no seguinte enlace: Presentación Radioco

Podedes coñecer máis sobre Radioco e o manual de usabilidade para soci@s de CUAC FM no enlace: https://cuacfm.org/zona-socios/manual-de-uso-de-radioco/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.