CUAC FM participou o pasado 30 de xaneiro nun coloquio organizado na Coruña por Marea Atlántica no que se debateu sobre as praxes e viabilidade dos medios de comunicación alternativos. Xunto con Isabel Lema, compañeira de CUAC FM, participaron tamén na mesa, Ana Álvarez, xornalista de Diagonal, Miguel Pardo, de Praza Pública, Antonio Albadalejo de Vigoalminuto considerou preciso un novo tratamento dos asuntos cedendo a voz á cidadanía que padece moitos dos temas que aborda o xornalismo. O coloquio, que tivo unha duración de
Noutra quenda os xornalistas e comunicadores así como as persoas do público abordaron o tema da utilización de fontes, as relacións entre independencia e financiamento e diversas análises sobre a necesidade de avanzar colectivamente cara unha información veraz, rigorosa e que defenda os intereses da maioría social, dese ben común polo que traballa o terceiro sector da comunicación no seu conxunto.
O coloquio foi gravado e emitido en streaming, e pode visualizarse en Youtube no enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-HRzwOi_np8
https://www.youtube.com/watch?v=-HRzwOi_np8&feature=youtu.be
Aviso: Na primeira parte do vídeo o moderador do coloquio, Enrique Rabuñal, presentou os contidos do xornal “O 15”, editado por Marea Atlántica. O coloquio cos medios alternativos comeza a partires do minuto 20.