Estudio Jose Couso de CUAC FM

O Colectivo de Universitarios ACtivos, asociación propietaria da radio comunitaria CUAC FM, inaugurará hoxe ás 18:00 horas o seu novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que estará situada a carón das instalacións da emisora, no campus da Zapateira.

O 10 de decembro, Día Universal dos Dereitos Humanos, foi a data escollida para inaugurar un novo proxecto co que pretende divulgar dous dereitos recollidos na citada declaración: O Dereito a Comunicar e o Dereito a Asociarse, ofrecendo formación e ferramentas para a capacitación mediática.

Na actualidade CUAC desenvolve un plan de formación anual dirixido aos socios e novos socios da entidade. Coa Escola de Radio preténdese ampliar a oferta formativa co fin de chegar a colectivos máis diversos, dende a infancia, estudantes, colectivos sociais, exntendendo os espazos de comunicación dentro e fóra da Universidade da Coruña.

 

As instalacións da Escola de Radio e Asociacionismo están compostas por 3 espazos de reducidas dimensións cedidos pola Universidade da Coruña, en concreto pola xestión da Vicerreitoría de Estudantes. Hai un aula de formación técnica (radiofónica), outra de formación teórica e un pequena biblioteca e espazo para xestión. Cada espazo foi bautizado con nomes que mañá serás desvelados durante a inauguración.

 

Á inauguración está previsto que asistan a Vicerreitora de Estudantes, María Xosé Martínez, as entidades que realizaron donacións para a posta en marcha do proxecto, Fundación La CaixaFundación Paideia e Igalia, representantes de asociacións como Amnistía Internacional ou Proxecto Cárcere, así como socios e socias da emisora.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.