“LA RESISTANCE”

LA RESISTANCE é unha obra de teatro radiofónica resultado dun traballo de colaboración entre CUAC FM e Walkitalkies radioteatro . Esta obra de teatro, concebida baixo o formato de “radio-novela”, foi escrita polos autores galegos Carlos Losada e Begoña García.

LA RESISTANCE foi dirixida, producida e interpretada polos membros do obradoiro de ficción de CUAC FM.

A estrea mundial de La Resistance foi o día das letras galegas, o 17 de maio de 2015, un pequeno recoñecemento de CUAC FM a todos os autores e creadores na nosa lingua, especialmente aos que, a pesares das dificultades, seguen coa ilusión de crear pequenas xoias coma esta a partires da imaxinación e o amor polo teatro.

ESCOITA “LA RESISTANCE”

“No verán de 1944 a ocupación nazi de Francia vai polo seu cuarto ano. Son tempos ruíns e escuros. Tempos onde todo o que hai de bo no espírito humano é posto a proba. Tempos nos que uns poucos ousados manteñen prendida a esperanza nun vindeiro albor de liberdade, beleza e amor. Eses foron os tempos que lle tocaron vivir a Frederyk Frintch, un deses ousados que baixo os bombardeiros, a morte e o horror mantivo viva a esperanza no seu amor verdadeiro”.


CAPÍTULO 1. FREDERICK FRINTCH, SUPOÑO.

CAPÍTULO 2. TODO VAI BEN MIÑA LADY, MOI BEN.

CAPÍTULO 3. AS BÁVARAS NON CHORAN.

CAPÍTULO 4. OUI, C’EST MOI.

CAPÍTULO 5. TOMA SOLUCIÓN FINAL, MALA BESTA!

 

LA RESISTANCE. OBRA COMPLETA.

Descargar

CRÉDITOS

Unha obra de Begoña García Ferreira e Carlos Losada Galiñáns, producida polo Obradoiro de Ficción de Cuac FM

Dirección artística: Mónica (A Cantante Calva) e Bea Ulalume

Dirección técnica: Kurt (Javier Alonso)

Presentada por Cris Lede no papel de NARRADORA

E interpretada por:

Luix Kaf coma FREDERYK FRINTCH
Isa Lema coma KATARINA GAGARINA
Gema Millán coma HELGA GÖRING
Saul Pushkin coma ERICH VON RICHTHOFEN
Ana Eva Suárez coma DONCELA
Mónica Alonso coma MADAME LOULOU

Autor da ilustración: David Levy (Slight-Shift)

Thanks to David levy for letting us to illustrate this website with his picture.