Néctar levaron o primeiro premio e Twin Forest o segundo, nun dos resultados máis igualados nos últimos anos.

A noite do sábado 12 de outubro foi a elexida na XXVI edición do Concurso de bandas e solistas de CUAC FM para a celebración da batalla de bandas.

O premio Eva Coyote á Mellor banda local foi para Bad Whiskey que recolleron o premio no descanso entre as duas actuación e ofrecerán un concerto nos vindeiros meses para celebrar este premio coa afección.

Tres dos seis compoñentes de Bad Whiskey co noso compañeiro Tomi Legido

Non resultou nada doado para o xurado de CUAC FM elexir entre as duas bandas pola súa calidade e tamén polo diferente da súa proposta sobre o esceario. Finalmente, a balanza tivo que chegar a un desempate e o primeiro premio foi para os madrileños Néctar (con algún compoñente coruñés) e o segundo para os valencianos Twin Forest.

Néctar durante a súa actuación

Grazas ao público asistente poderemos facer entrega de máis de 300 euros á Cociña Económica.

O concurso acadou a súa 26ª edición grazas á colaboración económica da Deputación da Coruña. Tamén queremos agradecer á sala Mardi Gras poder celebrar este concerto en pleno XXV aniversario da sala de Monte Alto. Parabéns!

Twin Forest ofreceron unha espectacular descarga sonora.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.