Remata a terceira tempada de Onda Ciencia, o programa de divulgación científica da UDC e CUAC FM

  • ❄ Cambio climático, 🛡 Racismo e xenofobia, 🕵️‍♂️ Desinformación, 🌐 Lingua galega, 🌈 Movemento Queer

Onda Ciencia, o programa de divulgación científica froito da colaboración entre a  Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña e CUAC FM, pechou a súa terceira tempada con cinco episodios que combinan ciencia, análise sciopolítico e reflexión crítica sobre diversas problemáticas de actualidade. Nesta tempada, o espazo achegouse a temas tan diversos como o cambio climático, a xenofobia, a desinformación, a lingua galega ou a diversidade sexual e de xénero, sempre dende unha perspectiva interdisciplinar e cun enfoque divulgativo.

Episodio 3×1 – Impacto do cambio climático na Coruña

Este episodio abre a tempada afondando nas consecuencias locais do cambio climático, con especial atención á xestión da auga en Galicia. Contou coa participación de Armand Hernández (CICA UDC), Manuel Regueiro (CITEEC) e Pedro Vega, experto en educación ambiental. Analizáronse as medidas de adaptación necesarias e o papel clave da educación para afrontar os retos ambientais.

Episodio 3×2 – Xenofobia e racismo desde unha perspectiva interseccional

Neste episodio debatéronse as causas estruturais da xenofobia e o racismo na sociedade actual. Participaron Laura Oso Casas, José Ángel Brandariz e Mª Montserrat Castro. O programa puxo o foco na discriminación que sofren as persoas migrantes e na importancia das abordaxes interseccionais e das boas prácticas para promover a convivencia e a inclusión.

Episodio 3×3 – Desinformación Nos Medios De Comunicación

A terceira entrega analizou o funcionamento da desinformación como unha auténtica industria global que compromete a democracia. Reflexionouse sobre o papel dos medios, as redes sociais e a intelixencia artificial na difusión de noticias falsas. As convidadas foron as expertas da UDC Laura Morán Fernández, Irene González Martínez e Tamara Pazos Cordal.

Episodio 3×4 – O galego no século XXI: accións e retos

Este episodio abordou a situación actual da lingua galega, que os participantes cualificaron de “emerxencia lingüística”. Participaron Xosé Manuel Sánchez Rei, Iria Sobrino Freire e Xesús Manuel Mosquera Carregal, que defenderon a necesidade dun novo plan de normalización e puxeron en valor o papel dos servizos de normalización e das iniciativas cidadás e xuvenís.

Episodio 3×5 – O ‘queer’ que o cambia todo

O episodio final da tempada centrouse na diversidade sexual e de xénero desde a teoría queer. Pedro Ángel Bogo López, Renée DePalma Ungaro e Ana María Amigo Ventureira exploraron como esta perspectiva cuestiona as normas establecidas e propón unha mirada transformadora sobre a identidade, o coidado e as relacións sociais.


Con esta tempada, Onda Ciencia reafirma o seu compromiso coa divulgación do pensamento crítico e co debate informado sobre os grandes temas de actualidade, axudando a comprender e cómo afrontar, dende o coñecemento científico retos como o cambio climático, a diversidade, a inclusión das personas migrantes, a desinformación ou a defensa da lingua galega dende o ensino e as institucións.

Podes volver a escoitar ONDA CIENCIA no repositorio de podcasts de CUAC FM e nos nosos espazos en YoutubeSpotifyAcast, ou Ivoox.

ONDA CIENCIA é unha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña desenvolvida conxuntamente con CUAC FM. A idea, proposta de temáticas e expertas correu a cargo de Yolanda Golías Pérez Mª Cristina Naya Riveiro.

O equipo técnico está conformado pola doutora Isabel Lema Blanco, na producción, presentación e condución do programa, Chema Casanova, no control técnico, e  Miguel Anxo Facal, e Postprodución e difusión en redes sociais.   

Compartir