Durante os días venres 21 e sábado 22 terá lugar no concello de Fene o primeiro festival do podcast galego no que CuacFm terá presenza de diversas formas
O podcast está cada vez máis en auxe e iso nótase. Cada vez son máis as persoas que se achegan a radio a través deste formato, tanto creando novos programas, como consumindo dentro da ampla gama que existe, e non deixa de crecer. Isto repercutiu na radio que está a vivir unha segunda xuventude e, en especial, naquelas frecuencias de menor envergadura. Así, a organización Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) decidiu realizar o primeiro festival do podcast galego nos vindeiros venres 21 e sábado 22, e nel haberá presenza de CuacFM, como non podía ser de outro modo.
Dúas xornadas dedicadas ao podcast
O festival celebrarase no recinto da asociación O Pote de Maniños, no concello de Fene. Nela xuntaranse destacados podscasters galegos como Pepe Cunha, Borxa González ou Carlos García Vieito, con investigadores e profesores que compartirán as súas experiencias no uso do podcast como recurso didáctico. Tamén haberá espazos para os medios tradicionais, dixitais e municipais, obradoiros de creación da man de Pepe Cunha e Actual Comunicación, actividades culturais como a intervención de Xurxo Souto e, incluso, actuacións musicais como a de Son de Cantos e a gravación, en directo, de un episodio do podcast Vellenials.

Primeiro festival do podcast con concurso
Con todo, neste primeiro festival do podcast galego non serán protagonistas so os propios podcasters, se non tamén aqueles que acudan a cita. Isto débese a que no recinto existirán numerosas mesas redondas e coloquios onde poderá participar o público interactuando cos podcasters e poñentes, trasladándolle as súas dúbidas.
Ademais, o festival pechará cunha entrega de premios entre os cales hai un cunha dotación de 500 euros para o gañador, alén de 14 categorías máis na que loitaran polos recoñecementos até 27 participantes. Entre eles algúns dos nosos programas como o Estrelados na Estratosfera, gañador do Oscuac ao programa novel na última gala dos Oscuacs.
Escoita o podcast
2×4 Cemiterio nuclear no mar de Galiza
CUAC FM · Emitido: 23/10/2025 · Programa: Estrelados na Estratosfera
Este é o episodio co que o Estrelados na Estratosfera se presenta no concurso do primeiro festival do podcast galego. Nel trataron o tema do cemiterio nuclear que se sitúa a 700 quilómetros da costa galega. Ademáis, contaron coa colaboración de Modesto Solla, activista de ADEGA que participou nas protestas dos anos oitenta. Se queres saber máis deste episodio tes toda a información aquí e máis episodios do Estrelados neste enlace.