O “que” que o cambia todo, novo episodio de Onda Ciencia

Imaxe: Renée DePalma, Ana María Amigo, Isabel Lema e Pedro Ángel Bogo.
  • No último episodio da tempada de Onda Ciencia analizamos o fenómeno queer.
  • Pedro Ángel Bogo, Renée DePalma e Ana María Amigo afondan no concepto e na identidade queer.
  • Analizamos a necesidade de reformular as prácticas pedagóxicas para amosar a diversidade e cuestionar a reprodución de estereotipos sociais.

O concepto de queer fai referencia a identidades, orientacións e expresións de xénero que non encaixan en categorías tradicionais ou normativas. O fenómeno da queeridade  abórdase de maneira pouco precisa nos medios, amais de ser obxecto de confrontación política ou persecución por parte dalgunhas persoas que se opoñen ao recoñecemento de certas expresións ou identidades que desafían as súas crenzas. Para coñecer máis sobre o movemento queer, no último Onda Ciencia da tempada 2025 convidamos tres persoas expertas da Universidade da Coruña (UDC): 

  • Pedro Ángel Bogo López. Educador social, formador experto en diversidade e inclusión. Técnico da Unidade de Atención á Diversidade da UDC.
  • Renée DePalma Ungaro. Profesora na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, coordinadora do grupo de investigación Educación para Cidadanía Global (ECIGAL) e especialista en pedagoxía queer.
  • Ana María Amigo Ventureira. Doutora en Educación pola UDC e experta en teoría queer. A súa tese de doutoramento titulouse «Cisxénero, homofobia e transfobia: o papel das escolas como espazo para a reprodución de discursos discriminatorios».

ESCOITA O PODCAST DE ONDA CIENCIA

Contido

O programa tratou sobre a aparición do movemento queer e afondou nas novas propostas e os paradigmas que postula, a transcender a práctica das correntes sociais antisistémicas para promover novos modelos educativos, definidos baixo o paraugas da «pedagoxía queer». Demos a coñecer tamén o labor da Unidade de Atención á Diversidade da UDC, e abordamos as diferentes violencias que está a sufrir aínda hoxe as persoas que son membros do colectivo LGTBIQ+, desde diferentes institucións, no recoñecemento dos seus dereitos e liberdades.

ESCOITA ONDA CIENCIA

Onda Ciencia pode escoitarse os martes ás 13:00 h no 103.4 da FM e na nosa web en directo streaming: https://cuacfm.org/directo/.

Podes escoitar e descargar todos os episodios do podcast na páxina web do programa: https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/.

Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de Onda Ciencia nos espazos de CUAC FM en YouTubeSpotifyAcast, ou Ivoox.

EQUIPO TÉCNICO: 

  • Yolanda Golías Pérez M.ª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas.
  • Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.
  • Chema Casanova: control técnico.
  • Miguel Anxo Facal: edición, posprodución e difusión nas redes sociais.

Compartir