CUAC FM é a gañadora dos Martín Códax da Música a Proxectos de Comunicación e Difusión Musical

A radio comunitaria da Coruña vén de ser anunciada como a gañadora dos premios Martín Códax da Música na categoría ‘Proxectos de Comunicación e Difusión Musical. Na categoría tamén estaban nomeados a canle de Rodri Míguez e Recollendo Músicas.

cuac fm martin codax

Varios compañeiros e compañeiras de CUAC recolleron na gala, celebrada en Pontevedra o mércores 28 de maio, o premio. Tomi Desastre destacou que CUAC FM é unha emisora comunitaria que pon unha especial énfase na música e na súa difusión así como tamén no apoio aos artistas emerxentes. Tamén mencionou que a emisora leva facendo posible o exercicio do dereito da cidadanía a comunicar e destacou que os medios comunitarios levan anos agardando polas licencias. Noel Turbulencias mencionou no seu discurso o Concurso de Bandas e Solistas que CUAC FM vén organizando desde hai anos e que xa vai pola 27ª edición. Centos de artistas participan neste concurso cada ano.

É posible ver a gala en Youtube.

Compartir