CUAC FM convoca a XXVII edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal.

Na convocatoria de 2025 repártense  5000 euros en premios, mantendo o premio á Mellor Canción en Galego e consolidando o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa.  

Dúas bandas galegas participantes actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia no mes de agosto.  

Podes participar se tes un proxecto musical cun máximo de 15 temas editados e que non gañase ningún premio en edicións anteriores.  

O prazo para enviar propostas finaliza o 26 de maio de 2025.

Rexistra a túa CANDIDATURA a través deste LINK.

O XXVII Concurso de CUAC FM para Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:

BASES XXVII Concurso CUAC FM para Bandas e Solistas EN GALEGO:  

BASES XXVII Concurso CUAC FM para Bandas e Solistas EN ESPAÑOL:

 

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.