A Radio Comunitaria celebra os seus 28 anos de vida sonora que se cumplen este mes de marzo con dous actos culturais na cidade da Coruña.

O venres 15 ás 19:30 preséntase o libro “Galicia Musicalidade. Unha terra feita de acordes”. Será na cervexaría Malte, nas Atochas, con entrada libre. Coa colaboración do Concello da Coruña, CUAC FM edita unha tirada gratuita de 200 exemplares que irán destinados a bibliotecas públicas, centros educativos e artistas que aparecen nesta obra creada por Noel “Turbulencias” Miguélez e coas ilustracións de Victoria Sánchez. Á presentación está previsto que asistan varias das bandas que poderás atopar no libro.

O domingo 17 de marzo será o turno da proxección do documental “Nada que ver. 25 anos de CUAC FM” cun coloquio posterior nunha das salas de Los Cantones Cines, que ceden desinteresadamente as instalacións para o evento. O acto comeza ás 12:00 e remata ás 13:30 para que se poda seguir a festa cun vermú. No acto contaremos coa presenza do director, Iago Prada. A entrada será de aportación voluntaria, cada un o que considere, e a recadación íntegra será para a Cociña Económica da Coruña.

Vémonos nos eventos, escoitámonos pola radio. Viva CUAC e as suas xentes!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.