Este venres chega á Sala Mardi Gras o quinto concerto conmemorativo dos XXV anos do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. Mixing Martines con Bonham como cabeza visible do proxecto e entrada libre. Ainda que xa sabes que podes doar o que desexes e irá íntegramente para a Cocina Económica Coruña A apertura de portas será ás 22:30 e o inicio do concerto ás 23:00 horas.

E o ciclo de actividades conmemorativas pecharase o mércores 27 ás 19:30 horas no local da A.C. Alexandre Bóveda na primeira planta do Círculo de Artesáns na rúa Santo Andrés. Presentaremos o libro “MusiCalidade. Galicia está feita de acordes” con textos Noel “Turbulencias” Miguélez e coas ilustracións de Victoria Sánchez. A entrada é libre.

Este ciclo de actividades conta coa colaboración económica do Concello da Coruña.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.