A radio comunitaria da Coruña emitirá este xoves (25 de maio) desde as 16.00h o debate sobre políticas LGBTI organizado por ALAS Coruña.

Na imaxe, os participantes do debate LGBTI coa Presidenta de ALAS Coruña na Fundación Luís Seoane.

No debate, que tivo lugar na Fundación Luís Seoane participaron a número 2 da candidatura do BNG, Avia Veira; o número 3 da de Marea Atlántica, Rodrigo Gil; o 4 de Por Coruña, Aitor Neira; o número 7 do PP, Carlos San Claudio e a número 7 do PSdeG, Noemí Díaz.

A emisión deste debate, a moi poucos días de que se celebren os comícios do 28 de maio, forma parte da cobertura especial das Eleccións Municipais 2023 de CUAC FM e poderase escoitar na 103.4FM, na web www.cuacfm.org/directo e nas apps da emisora para Android e iOS.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.