Cristina Areal Alberich, alumna de cuarto curso do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña e socia de CUAC, ven de publicar este fantástico vídeo sobre a estrea do documental “NADA QUE VER“, que resume os primeiros 25 anos de historia de CUAC FM, a emisora comunitaria da Coruña.
O vídeo recolle as testemuñas dalgúns dos protagonistas da noite, coma o director Iago Prada, así como de socios e amigos de CUAC FM que verbalizaron a súa emoción tras a o visionado do filme, como Bea Ulalume, Rodri Gil e Tomi Desastre.
A estrea deste documental, dirixido polo cineasta Iago Prada, tivo lugar o pasado 10 de febreiro de 2022 no marco incomparable do Teatro Colón da Coruña.
Son xa tres os vídeos que veñen recollendo algúns dos momentos destacados deste documental, pois xa publicaramos un vídeo do TRAILER de NADA QUE VER, así como o vídeo resumo “oficial”, obra de Pablo Soto Goluboff.
Cristina Areal é socia de CUAC, técnico de son do programa RADIOACTIVA de CUAC FM, e está realizando as súas prácticas de Grao nesta emisora comunitaria, desenvolvendo diversos proxectos audiovisuais dentro da asociación.
Dende CUAC agradecemos a Cris o seu traballo e a enorme ilusión coa que desenvolve estos proxectos en CUAC FM.