0 pasado 10 de febreiro de 2022 estreouse a nivel mundial o documental “Nada que ver” de Iago Prada. Un percorrido polos principais fitos dos máis de 25 anos de vida da Radio Comunitaria de A Coruña, CUAC FM.

A presentación da gala correu a cargo de Lucía Veiga e Víctor Grande, coa sorpresa da aparición de Xosé Ramón Gayoso.

Antes da proxección do documental interviron Iago Prada, o cineasta director da producción, e Paula Alonso, presidenta de CUAC.

O vídeo resumo é obra de Pablo Soto Goluboff.

Canción Radio Rebelde cedida por The Baboon Show.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.