Imaxe: Cartel de “Nada que ver”, un documental sobre CUAC FM

O xoves 10 de febreiro estrease a nivel mundial no Teatro Colón de A Coruña o documental “Nada que Ver”, dirixido polo cineasta Iago Prada, que versa sobre os 25 anos de traxectoria de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.

A estrea terá lugar ás 20:30 horas e contará coa presentación dos humoristas e actores Lucía Veiga e Víctor Grande, ambos ex-locutores de CUAC FM.

Dende o día de hoxe, as entradas para poder asistir á estrea están á venda na taquilla online do Colón ao prezo de 2 euros (máis 0,5 de gastos de distribución): https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/teatro-colon/13403–cuac-fm-presenta-nada-que-ver-de-iago-prada.html

A recadación íntegra será destinada á Cociña Económica da Coruña.

CUAC FM convida á toda a cidadanía coruñesa a participar deste acto, que pretende servir coma reencontro de moitas persoas que formaron parte das diversas etapas da vida da emisora.

“NADA QUE VER” UN DOCUMENTAL SOBRE CUAC FM

CUAC FM 103.4, a Radio Comunitaria da Coruña, cumpliu xa os 25 anos de vida. Recoller unha historia de tantos anos en menos dunha hora que dura o documental “Nada que ver” é a tarefa á que se enfrentou Iago Prada, o director desta peza audiovisual.

A cinta tenta amosar o que supón para moitas persoas e colectivos a oportunidade de comunicar a través dos seus programas de radio múltiples temáticas nun Medio comunitaria. Xa son máis de 470 os programas que pasaron pola emisora, e a iso debemos engadir as múltiples actividades que realiza a nosa asociación fora do Estudio José Couso.

Dende CUAC concebimos esta peza audiovisual coma unha homenaxe, non so ás persoas que fixeron radio connosco durante estas dúas décadas e media, senón tamén ao resto das radios e televisións libres e comunitarias. 

Uns medios que levan garantindo o dereito a comunicar da cidadanía durante máis de 40 anos sen contar coa protección e impulso que merecen e que teñen na inmensa maioría dos paises do noso entorno. Así, os medios de comunicación comunitarios están defender novamente o seu futuro, a través da tramitación parlamentaria da nova Ley General de Comunicación Audiovisual. 

APOIOS INSTITUCIONAIS

O documental está subvencionado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Coruña que cede o Teatro Colón para o evento. 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.