Radio 50y pico comeza nova tempada
O proxecto de FEGAUS con Estudantes da Universidade Senior de seis campus galegos

O mércores 6 de outubro chega ás ondas de CUAC FM a primeira emisión da nova tempada de radio do programa Radio 50ypico, un proxecto de FEGAUS, a Federación Galega de Universidades Senior, que da a oportunidade de escoitar voces moi diversas dos campus galegos nun único espazo.

A emisi´ón será semana e dende o segundo programa poderá incorporar a participación da audiencia con notas de audio enviadas ao Whatsapp do programa: 625897323.

A emisión pode escoitarse cada mércores a través da web de CUAC FM, a App gratuita CUAC FM, ou no 103.4 da FM na Coruña e a súa área de influencia de 13 a 14 horas. Ademáis, ao remate do programa, ao igual que toda a programación propia da nosa emisora, estará dispoñible o podcast para escoitar en calquera momento.

Tamén dispoñibles na web de FEGAUS https://fegaus.com/

Os contidos do programa recollen novas dos diversos campus e de FEGAUS, así como seccións de cultura, qué ver nas diversas plataformas, cociña, literatura, entrevistas…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.