CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, inicia desde outubro a temporada 2021/2022 reforzando a súa grella con novos contidos e novas voces.
Ao longo do mes iranse incorporando ás ondas da 103.4 clásicos da emisora: El Desinformativo, Recendo, Alegría, Café con gotas, Orión 2.1, Simplemente gente, RadioSénior, Escuela de Familias, Mi rollo es el Rock, EnBoxes, La Ciencia es Femenino, Loco Iván, Spoiler, DJ Gaby Oro, Radio 50 y pico, Minority Sports, Cuak ‘n’ Roll, Circo Pirata, Heima, Nubes de papel, MalhumorHadas, Bipolares, Turbulencias e EnWorking.
Ademáis, estreamos dous novos programas:
- Fanzine Radio: Un programa colaborativo no que compartir experiencias coa música electrónica como nexo común.
- Vellenials: Un programa para reivindicar os Millenials Indies. Estamos xa case nos 40, estamos máis cerca de falar de nichos e de pensións, que de hypes, crushes e festivais. Somos unha xeración de tránsito entre o mundo de nosos pais e un mundo moi moderno, sen a transición que pasaron outros paises. Somos o principio e o final de todo. A última xeración que se acordará das festas en garaxes con cigalas do tamaño dunha man, e a primeira que cortou coa sua parella por sms. Somos especiais e por iso temos que compartir as nosas vivencias para que o mundo o sepa.
A maioría de programas de CUAC FM continúan a emitirse de forma remota grazas as melloras técnicas implementadas desde a aparición da pandemia do Coronavirus e que nos permitiron continuar coa nosa programación con normalidade durante os pasados meses.
Esta temporada, por se fose pouco, tamén comezarán a soar na 103.4 FM:
- Balea Vermella: Programa semanal de divulgación científica e entrevistas a investigadores e investigadoras galegas.
- Fóra de Mapa: Podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.
- As Womansplainers: Como elas mesmas din, é un programa semanal no que as “señoras che explican cousas”.
- Té con gotas: Programa sobre actualidade política e social feito desde o Reino Unido.
- A Rumboia: Pílulas de coñecemento sobre a nosa música tradicional e folk feito pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.
- Galiza… Algo máis: Programa semanal sobre a actualidade galega feito desde Sants 3 Radio, Cataluña.
- Coffee Break Señal y Ruído: Tertulia sobra a actualidade científica semanal feita desde o Instituto de Astrofísica de Canarias.
- La Luna sale a tiempo: Programa de radio con formato de revista sobre cultura, sociedade, medio ambiente, dereitos humanos… feito desde Valencia.
- Fat Sounds Sonidos Gordos: Programa coa mellor seleccion de música reggae feito desde Radio QK (Oviedo), unha das radios libres máis antigas do estado español.
- Alcarria Savage Tunes: Programa semanal de música electrónica diferente feito desde Radio Arrebato, en Guadalajara.
CUAC FM pode escoitarse na 103.4FM da Coruña, na web www.cuacfm.org/directo ou nas apps para Android e iOS. Ademáis, tamén é posíbel escoitar a emisora comunitaria da Coruña nos altavoces intelixentes. Todos os podcasts dos nosos programas están dispoñibles na nosa web.