Radio Libremente é a radio do Centro Penitenciario de Monterroso, unha iniciativa enmarcada no Plan de Animación Sociocultural desa prisión, impulsada por Aliad Ultreia e no Grupo SEPA (Universidade de Santiago de Compostela).

Os programas están elaborados e locutados por un grupo de internos, formados previamente en radio. Todo iso foi posible grazas á participación activa da asociación Melisa, ao fronte do control técnico. (https://www.melisa.gal/) (https://www.aliad.org/). Tamén a Escola de Radio de Cuac FM, desplazouse ata ese espazo na provincia de Lugo onde impartiu formacións radiofónicas.

O proxecto pretende empregar as potencialidades de facer radio para aprender a respetar, dialogar e traballar en equipo.

El equipo está composto por:

Bibu, Jefferson, Braulio y Johny: Elaboración, locución e gravación
Miguel, María e Paula (asociación Aliad Ultreia e asociación Melisa) : producción programas
Jorge e Miguel (asociación Melisa): control técnico, edición, montaxe e emisión de programas

Os audios elaborados serán emitidos en Cuac FM os mércores ás 18:00h, e poderán ser escoitados a continuación na web e nas apps da radio comunitaria da Coruña.

https://cuacfm.org/radioco/programmes/radio-libremente/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.