• A emisora ​​comunitaria da Coruña acaba de convocar a 22 edición do seu Concurso de Bandas e Solistas, que en 2020 repartirá 2.600 euros en premios. 
  • Poden participar artistas de toda España e o prazo de inscrición remata o 15 de setembro.

O Concurso de Cuac FM de Bandas e Solistas é unha aposta decidida da asociación CUAC por apoiar o talento musical que comezou en 1997, establecéndose como un dos certames máis lonxevos a nivel estatal e o máis veterano de toda Galicia. 

O concurso ten como obxectivo contribuír á proxección de músicos non consolidados. Tal e como figuran nas bases do concurso, poderán concursar grupos ou solistas que non editaran máis de 15 cancións da súa propia composición independentemente do formato no que se fixeron. 

Os finalistas do concurso estarán elexidos por un xurado composto por persoas expertas no eido musical, maioritariamente externas á asociación. 

PREMIOS

PREMIOS DA BATALLAS DE BANDAS

O xurado do Concurso de Bandas e Solistas seleccionará dous finalistas que participarán na Batalla de Bandas que se celebrará o sábado 5 de decembro de 2020 onde se seleccionará ao gañador, e se outorgarán os seguintes premios económicos (impostos e obrigas legais incluídas):

  • Gañador da batalla de bandas: 900 euros 
  • Finalista: 800 euros 

PREMIO Á MELLOR BANDA OU SOLISTA LOCAL. 

A banda local (ou solista) que obteña a maior puntuación (independentemente da orde obtida na clasificación xeral de bandas ou solistas) obterá o premio á Mellor Banda Local dotado dunha cuantía económica de 900 euros (impostos e obrigas legais incluídas), grazas á colaboración do Concello da Coruña neste concurso.  

A banda ou solista gañadora deste premio darase a coñecer durante a Batalla de Bandas de CUAC FM e o premio conleva ocompromiso de actuar nun acto organizado polo Concello da Coruña ou por CUAC FM, que se celebrará nun prazo máximo de 7 meses despois da data da batalla das bandas.Para poder optar a este premio, polo menos a metade dos compoñentes deberán estar empadroados na Coruña.

BASES DO CONCURSO

As BASES completas e o FORMULARIO de inscrición están dispoñibles neste ENLACE

O concurso de bandas e solistas de CUAC FM está organizado pola emisora comunitaria da Coruña CUAC FM e conta coa colaboración do Concello da Coruña.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.