Cuac FM desenvolveu neste mes de xullo un obradoiro de radio no penal de Monterroso, dentro do programa de animación socicultural “xerando oportunidades de participación en prisión”.

O obxectivo deste obradoiro de radio é axudar a desenvolver competencias mediáticas ás 15 persoas presas participantes e que serán as responsables despois de dar continuidade ao proxecto de radio no penal de Monterroso “Radio LibreMente”.

Ao logo de tres módulos, os participantes aprenderon coñecementos prácticos para o deseño dun proxecto de radio, pre e post producción dun programa de radio, linguaxe radiofónica, así como técnicas de locución e conducción dun programa radiofónico.

O proxecto está coordinado pola ONG Aliad-Ultreia e conta coa involucración da Escola de Radio e Asociacionismo de Cuac FM, a Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide MELISA, e o grupo de investigación SEPA-Interea da Universidade de Santiago de Compostela e a logopeda Noelia Geada.

Dende Cuac, os nosos compañeiros Roberto Catoira, Bea Ulalume, Mariano Fernández e Tomi Desastre foron os responsables de coordinar a actividade e desenvolver o obradoiro.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.