Julio Abalde
Julio Abalde

Dentro da cobertura especial que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, realiza das eleccións ao reitor da Universidade da Coruña (que se celebran o vindeiro mércores 4 de decembro de 2019) , CUAC FM entrevistou a Julio Abalde Alonso.

O Dr. Julio Abalde Alonso é catedrático de microbioloxía na facultade de ciencias e ostenta o cargo de actual Reitor da UDC, presentándose á reelección por 4 anos máis de mandato.

Escoita a entrevista a Julio Abalde no seguinte enlace:

Esta entrevista emitirase a través do 103.4 da FM e do streaming de CUAC FM nos seguintes horarios: 

Luns 2.12  ás 00:30, 11:00 e 15:30

Martes 3.12 ás 00:00, 15:00 e 22:00

Unha cobertura realizada por CUAC FM con Isabel Lema á locución, Chema Casanova ao control técnico, Miguel Anxo González nas redes sociais, Alberto Ansede, Chus Abeledo, Bea Ulalume e Julia Huertas na equipa de producción deste especial. 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.