Coa chegada do mes de outubro reincorpóranse á programación regular de CUAC FM un feixe de programas que tomaron respiro durante o verán.

Un día antes, lunes 30 de setembro, poderemos escoitar un dos programas máis lonxevos da emisora: El Desinformativo (luns de 20 a 22 horas) que, xunto a Alegría (martes ás 18 horas) chegan xa á sua 17ª tempada en antena. Xa lle gustaría a moitas series de Tv acadar esas cifras.

Hai novidades tamén como o programa adicado á deportes minoritarios (Minority Sports, os luns ás 23 horas) ou a algo tan fundamental como a educación. Cada 15 días, os sábados ás 22:00, Peneirando a educación.

Tes a información completa neste apartado da web: https://cuacfm.org/programacion/

E se queres sumarte a CUAC co teu propio programa ou porque desexas colaborar formando parte da asociación, escribe a comunicacion@cuacfm.org

O equipo de El Desinformativo ao que se incorpora Paula Alonso do programa Heima

  1. Enboxes CuacFM Programa de radio de motor. says:

    Bueno….hay programas que ya empezamos en Septiembre……los que disfrutais de más vacaciones podeis empezar en octubre……..jejejejejeje

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.