O Xurado do XXI Concurso de bandas e solistas de CUAC FM ven de emitir o seu veredicto.

As tres bandas galegas que actuarán no esceario principal do Festival Noroeste Estrella Galicia na sua 33ª edición son:

PORTLAND, que obtén ademáis o Premio á Mellor banda local xa que foi a formación coruñesa con máis votos.

Tamén se alzan como gañadoras desta primeira fase do Concurso de Bandas e solistas de Cuac FM, THE RAPANTS (Muros) e LORA (Carral) .

Todas elas participarán os días 9 e 10 de agosto no Festival Noroeste da Coruña actuando antes das duas bandas principais do festival que se darán a coñecer os vindeiros días (ademáis de Patti Smith, Nathy Peluso e Belako que xa se anunciaron).

Unha vez pasado o festival informaremos das duas bandas que se clasifican para a Batalla de Bandas que se celebrará na Sala Mardi Gras o día 28 de septembro.

Nesta fase xa se incluén nas votacións a bandas do resto do estado español que participaron nesta edición. Durante o concerto darase a coñecer o Premio á Mellor Canción en Galego.

Podes saber máis detalles sobre horarios e días de actuación das bandas gañadoras no noso concurso, así como do resto de bandas xa confirmadas, na suas redes sociais e na web oficial do Festival Noroeste Estrella Galicia: https://festivalnoroeste.com/

CUAC FM ofrecerá un programa especial adicado ao Festival Noroeste nos días previos á celebración do festival, con especial atención as tres bandas gañadoras do concurso a nivel galego.

Este concurso conta coa colaboración e o financiamento do Concello da Coruña en exclusiva.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.