O Tribunal Supremo inadmite a trámite o recurso da Xunta de Galicia contra a Sentenza do TSXG que recoñece o dereito de emisión á Cuac FM na frecuencia modulada.

Onte notificouse a Cuac FM a Providencia da Sala Primeira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo que resolve o recurso 1796/2019 interposto pola Xunta de Galicia contra a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictada no procedemento especial de protección  de dereitos fundamentais 4166/2018.

Dita sentenza do TSXG recoñecía a Cuac FM o dereito a emitir en frecuencia modulada baixo unha garantía  temporal de emisión, e deixaba sen efecto o expediente sancionador que a Xunta lle abrira tras unha interpretación restrictiva, e errónea da Ley 7/2010 General de Comunicación Audiovisual.


Na Providencia recibida onte, asinada por 6 maxistrados, o Tribunal Supremo inadmite a trámite o recurso da Xunta de Galicia, ao tempo que  lle impón o pago de costas procesuais ate un máximo de 1000€, de xeito que a Sentenza recorrida xa é firme.


Dende Cuac FM manifestamos a nosa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo, que deixa de manifesto que Cuac FM tiña razón cando reivindicou, pola vía xurisdiccional, o dereito a comunicar da cidadanía da Coruña a través de servizos de comunicación audiovisual  comunitarios sen ánimo de lucro.


Cuac FM lamenta o malgasto de recursos públicos na persecución dunha iniciativa de comunicación cidadá, e en contra dunha interpretación expansiva dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas.

Consideramos que o esforzo material e humano empregados en loitar contra Cuac FM era digno de mellor causa, e estimamos que compre unha reflexión ao respecto.

O SUPREMO RATIFICA A SENTENZA DO TSXG

A firmeza desta sentenza pon de relieve o incumprimento reiterado das obrigas legais das administracións públicas competentes en materia de medios comunitarios, ao manter inaplicada a día de hoxe a Lei 7/2010 General de Comunicación Audiovisual, nove anos despóis da súa entrada en vigor.

É alarmante que nun estado de dereito, unha entidade coma Cuac FM teña que poñer en risco a súa supervivencia coma proxecto comunitario para que os Tribunais de Xustiza lembren aos poderes executivos o seu traballo pendente. Máis preocupante é ainda que unha administración utilice recursos públicos para esgotar todas as instancias contra unha sentenza favorable aos dereitos fundamentais dos administrados.


Con esta inadmisión a trámite péchase un episodio revelador dun xeito de entender a comunicación, pouco respectuoso cos dereitos fundamentais e por tanto, profundamente antidemocrático, que debería chamar a reflexión, non so á Xunta de Galicia, senon tamén á sociedade en xeral, e moi en  particular aos medios de comunicación.

En calquera caso, Cuac volveu para quedar, e reiteramos o noso agradecemento a todas as persoas, organizacións, e institucións que nos apoiaron nestes anos difíciles.

Este triunfo non tería sido posible sen vós. Cuac Resiste!!!

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.