O pasado sábado 6 de outubro celebrouse a XX Final do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM na Sala Mardi Gras. Os galegos Maestro que teñen a sua base de operacións en Muros foron os que levaron o Primeiro Premio dotado con 800 euros. Dende Alcorcón con un fantástico directo tamén, The Special Case acadaron o segundo premio e 600 euros.

Unha final moi disputada cunha boa asistencia na sala e con dous estupendos concertos e un xurado ao que lle custou moito tomar a decisión.

Tamén desvelamos a canción gañadora do Premio á Mellor Canción en galego, un galardón que se entregaba nesta XX edición por primeira vez. O premio foi para Atrás Tigre co tema “Xente que mira”. Casualmente, fai uns días estreábase o videoclip da canción así que xa a podemos disfrutar con imaxes.

Quedades con ela, mais antes queremos destacar unha serie de agradecementos: Ás máis de 100 bandas presentadas por ofrecernos as suas cancións. As 4 bandas que actuaron no Festival Noroeste Estrella Galicia no esceario de Riazor: LOLA, Tunduru, The Soul Breakers e Elman. Aos xurados voluntarios de CUAC FM polo seu traballo e tamén aos catro profesionais da música que nos axudaron na elección. O concurso non sería posible sen o financiamento que acadamos por parte da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña. Ao equipo da Sala Mardi Gras que ano tras ano nos axuda a disfrutar da Batalla de Bandas e, finalmente, ao público que estivo en Riazor e este pasado sábado en Monte Alto.

Imos pola 21ª edición e seguro de xa de volta á FM. #CuacResiste

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.