Un ano máis a Sala Mardi Gras acollerá a Batalla de Bandas do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM. Chegamos ás XX edicións e nesta ocasión veremos a The Special Case dende Alcorcón (Madrid) e a Maestro, banda de Muros con conexións coruñesas.

Será o sábado 6 de outubro ás 22 horas e cun prezo simbólico de 3 euros (1 para as persoas socias de CUAC).

As radios comunitarias temos como un dos nosos obxectivos dar a coñecer artistas e proxectos con talento e, grazas á colaboración do Concello da Coruña, entregaremos 1400 euros en premios (800 para o primeiro clasificado e 600 para o segundo). O xurado otorgará os premios tras disfrutar das duas actuacións.

Este ano, temos un novo premio con motivo do XX aniversario do noso concurso. 300 euros levará a Mellor canción en galego de entre todas as que recibimos nesta edición. E será no descanso entre as duas bandas cando demos a coñecer a gañadora. Ainda non se realizaron as votacións.

Deixamos aquí un par de vídeos para que podas disfrutar das bandas

The Special Case

Maestro

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.