A XX edición do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM recibiu este ano 101 propostas de artistas de toda España.

Catro delas, das recibidas dende Galicia, actuarán no esceario principal do Festival Noroeste Estrella Galicia na praia de Riazor grazas á colaboración do Concello da Coruña coa esta actividade da nosa asociación cultural. Serán os días 10 e 11 de agosto.

Na actualidade xa está o xurado a traballar na escoita e selección das propostas. Composto por socias e socios de CUAC, así como profesionais do mundo da música, teñen a complicada misión de escoller tanto esas catro actuacións (unha delas será dunha banda coruñesa que obterá o premio de Mellor Banda Local), así como as duas que participarán na Batalla de Bandas o 6 de outubro na Sala Mardi Gras de A Coruña.

A previsión é que se emita o fallo do xurado en torno ao 2 de xullo.

Lembrar tamén que nesta XX edición incorpórase un premio á Mellor Canción en Galego.

CUAC FM quere dar as grazas a todas as propostas recibidas pola sua participación.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.