Cuac FM e a ReMC inauguran hoxe ás 18:00 o Encontro da Rede de Medios Comunitarios debatendo sobre a liberdade de expresión con Xabier Fortes, María Navarro e Isabel Lema

O coloquio celebrarase de 18:00 a 20:00 horas no salón de actos dodo Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña  (rúa de Veeduría, 2 ) aberto á toda cidadanía, entrada libre, aforo limitado.

 A Rede estatal de Medios Comunitarios- ReMC– celebrará esta fin de semana na Coruña o seu congreso anual, ao que están convocados case media centea de radios e televisións comunitarias de todo o estado. A asemblea celébrase os días 13, 14, e 15 de abril no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña. O acto inaugural do Encontro Anual celebrarase ás 18:00 horas do venres 13 de abril, coa participación de María Navarro Limón (presidenta de la ReMC) e Roberto Ansede (presidente de Cuac).

A continuación terá lugar o coloquio “LIBERDADE DE EXPRESIÓN, AQUÍ E AGORA”, no que intervirán o xornalista de  TVE de Galicia Xabier Fortes López,  Premio Ondas 2017 ao mellor presentador de TelevisiónMaría Navarro Limón, presidenta da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) e Isabel Lema Blancomembro do Consello de Dirección de AMARC-Europa e ex-presidenta de Cuac FM.  O coloquio celebrarase de 18:30 a 20:00 horas no salón de actos  (rúa de Veeduría, 2 ), entrada libre, aforo limitado.

sábado 14 de abril a partires das 10:00 comezarán os traballos internos da Asemblea da Rede de Medios Comunitarios, que continuarán pola tarde, ata as 20:00.

domingo 15 de abril, como colofón do Encontro anual da Rede de Medios Comunitarios en A Coruña, CUAC FM despedirá aos visitantes da Rede de Medios cunha sesión vermú na sala Mardigras, coa actuación especial de dous monologuistas e cómicos da cidade: Víctor Grande e  Ángela Triana (ambos tamén socios de Cuac Fm).

Acto Aberto a toda a cidadanía, entrada libre, aforo limitado. A partires das 13:00 horas.

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.