Onte publicouse unha nova versión da app de iPhone de CUAC FM. Un rediseño total da interfaz de usuario e conexión directa cós podcast da emisora a través de Radioco.

Ademais agora poderás saber que programa da emisora está soando en tempo real. Tamén podes ler todas as novas da emisora na sección de novas que se actualiza en tempo real ca páxina web.

Proximamente as apps de Android e a de iPhone terán unha nova actualización para permitir o uso de notificacións de tipo push nos dispositivos (as mensaxes ó estilo de whatsapp) para recibir as novas máis importantes da emisora.

O software libre que se utilizou para facer a app foi radiocom-flutter que é unha potente ferramenta da que se poderán beneficiar outras emisoras comunitarias para facer as súas propias apps tanto para sistemas Android como iOS e que foi ideado por un socio de CUAC FM.

 

 

Descarga na seguinte ligazón: https://itunes.apple.com/es/app/cuac-fm/id536600585?mt=8

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.