Foto Encuentro 14 organizado en A Coruña por CUAC FM

A Coruña acollerá a Asemblea da Rede de Medios Comunitarios 2018 os vindeiros días 13, 14 e 15 de abril. Cuac FM será a anfitriona deste evento, que xa se celebrara na nosa cidade no ano 2014.

Deste xeito a Rede de Medios Comunitarios amosa a súa solidariedade e compromiso coa nosa emisora nestes momentos de dificultade, nos que ficamos fora da frecuencia modulada en virtude da prohibición da Xunta de Galicia, pendente de recurso.

Estamos encantadas de anfitrionar a xuntanza dos medios comunitarios deste ano, e damos a benvida a todos os proxectos de comunicación irmáns do resto do estado.

Poderedes atopar máis información na páxina da Asemblea ReMC 2018, que iremos actualizando nas vindeiras datas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.