#CUACRESISTE

Neste mes de febreiro a parrilla de Cuac Fm acolle a tres novos programas, certo é que un deles regresa as nosas ondas tras un tempo fora. Eses novos integrantes son:

VENRES 

– 19h: Ondas do Cárcere. Desta voltan en formato semanal, aínda que din que en principio vai ser só un mes.”Falaremos da situación actual do proxecto, a entrada no cárcere neste mes e da Escola, unha das iniciativas xa en funcionamento que entrarán no Cárcere.

“A Escola é unha iniciativa de Proxecto Cárcere que ten como principal obxectivo dar resposta ás necesidades formativas do coletivo nos diferentes momentos que se presenten. Desde formación en xestión de grupos, pasando por técnicas de biocostrucción, economía social ou desenvolvemento de proxectos culturais iremos creando un espazo de coñecemento no que todas seremos protagonistas.”

– 23h: Poca Broma! Semanal. Humor.
” Humor inteligente para gente idiota, ¿o era al revés?
Todos los viernes de 23 a 00 h., Antonio Bruquetas, Israel Domínguez y David Villamor os traen la vía de escape perfecta para rematar la semana con lágrimas en los ojos y una sonrisa enorme en la boca, ¡dejaos llevar!.
¡Rechase imitasiones! (a no ser que sean mejores claro…). ”

MÉRCORES 

– 19H: Heima. Semanal. Magazine Cultural.
” Heima significa “fogar” en islandés, e pra eles, fogar é a suma de tódolos lugares, as persoas e mesmo as cousas que fan que un se sinta ben. Que sinta que a casa está cerca aínda que un esté lonxe.
Pero Heima tamén é a música, o cine, os libros e todas esas pingas culturais que fan que a paisaxe emocional da nosa vida sea máis completa.
De todo iso, falaremos aquí ”

Como sempre, tedes a vosa disposición a nosa programación en https://cuacfm.org/radioco/schedules/

E como non, escoitalos dende a nosas APPs en Android e iOS ou o noso streaming https://cuacfm.org/directo/

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.