Este sábado 24 de febreiro poderas seguir a 22º edición do Rallye A Coruña a través de Cuac Fm. O equipo de   “En Boxes” estará en directo dende as 8:30 horas, 15 minutos antes da saída do primeiro coche. A emisión alongarase ata a entrega de premios sobre as 22:30 horas. O programa terá un breve descanso de 14:00 a 16:30 horas.

Aínda que a maior parte do programa será realizado dende o “Estudio José Couso”, ao final de cada un dos oito tramos estarán en directo para entrevistar aos pilotos trala sua chegada e coñecer as súas sensacións.

Poderas seguilo pola App para Android de Cuac Fm ou dende o streaming da nosa páxina http://www.cuacfm.org/directo

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.