CUAC_ASEMBLEA_PECHE_FM

CUAC_ASEMBLEA_PECHE_FM

O Colectivo de Universitarios Activos- CUAC- , asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará o vindeiro sábado 20 de xaneiro a súa primeria asemblea de socias e socios de 2018, á que están convocadas todas as persoas asociadas.

A asemblea está tamén aberta a calquera persona (non socia, colaboradora, simpatizante…) interesada en participar no proxecto.

 

A asemblea desenvolverase en horario de TARDE e celebrarase no C.U.R. (Centro Universitario de Riazor, fronte a Casa da Auga)

 

ORDE DO DÍA

Asemblea Xeral Ordinaria do Colectivo Universitarios Activos

Hora: Primeira convocatoria 18:30. Segunda convocatoria: 18:45

Orde do día.-
1.- Exposición e aprobación se procede do informe económico correspondente ao exercizo 2017 do Colectivo de Universitarios Activos.
2.- Exposición e aprobación se procede da proposta de orzamentos do exercizo 2018 do Colectivo de Universitarios Activos.

Ambos documentos serán enviados ás persoas socias por correo electrónico esta semana, para a súa revisión anterior á asemblea.

 

2. Asemblea Xeral Extraordinaria do Colectivo Universitarios Activos

Orde do día.-

1. Situación legal de CUAC FM. Actualizacións sobre o expediente aberto pola Xunta de Galicia.

2. Informe do traballo desenvolvido no ano 2017.

3. Plan de traballo 2018: Proposta de Actividades para o 2018.

4. Plan estratéxico de CUAC. Proposta de traballo para a avaliación do Plan estratéxico de CUAC 2014-2018 e elaboración do Plan Estratéxico 2019-2013 do Colectivo de Universitarios Activos

5.- Eleccións á xunta directiva de CUAC. Información sobre o Calendario electoral. Entre maio e xuño debemos renovar a Xunta Directiva.

5.- Rogos e preguntas

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.