CUAC FM realizará hoxe venres de 18:30 a 20:30h, no Centro Cívico de San Diego, un programa de radio en directo e aberto a toda a cidadanía.

O salón de actos do Centro Cívico de San Diego acollerá esta segunda experiencia de Radio Barrio, un programa realizado por artistas e membros das asociacións culturais dos barrios de Os Castros, Castrillon, etc e dinamizado polas locutoras e locutores de CUAC FM.

Unha convocatoria para xente de todas as idades!

Contaremos coa participación e a creatividade de Serafín Mourelle, Manuel Monge, Mario Novoa, Silvia Carregal, Alberto Díaz e Emilio Vega entre outros, máis toda a incrible xente dos barrios colindantes a San Diego

Convidamos a todas as persoas que queiran asistir a disfrutar dunha mañá experimentando con este medio de comunicación tan popular e coas persoas que desenvolven a sua creatividade no barrio e máis alá.

A entrada é totalmente gratuíta. Dirección: Rúa Alberto García Ferreiro, S/N

 

Deixar unha resposta