Los Tomaccos e Cristosaurio, fixeron bailar como nunca ao público na Batalla de Bandas de CUAC FM.

Tras duas actuacións fabulosas na Sala Mardi Gras, finalizou a XIX Edición do Concurso de Bandas e solistas CUAC FM que grazas á colaboración do Concello da Coruña ofreceu máis de 3.000 euros en premios e 6 bandas premiadas, catro delas galegas que actuaron no esceario da Praia de Riazor no mes de agosto, dentro do Festival Noroeste Estrella Galicia.

O xurado decidiu que Los Tomaccos se levasen o primeiro premio e Cristosaurio o segundo, tras unha complicada deliveración. Gran ambiente na sala con moita xente bailando swing e ska.

CUAC FM quere agradecer unha vez máis o esforzo das bandas por desplazarse, neste caso dende Madrid as duas, para ofrecer a sua música ao público coruñés. E aos que decidiron compartir a noite coa xente de CUAC FM pese a non coñecer previamente ás duas bandas, algo que agradecemos moi sinceramente.

Haberá XX edición? A Xunta de Galicia e, posiblemente, os xuices, terán a última palabra. Se sancionan a CUAC FM matarán o noso proxecto.

 

Deixar unha resposta