VER PROGRAMACIÓN CUAC FM AMPLIADA

  • CUAC FM inicia a sua 22º Tempada Radiofónica con máis de 40 horas en directo
  • 120 persoas de todas as idades emiten semanalmente na Radio Comunitaria da Coruña
  • Esta tempada so emitiremos por internet, na nosa App gratuita para mobiles
  • Os podcast de todos os programas están dispoñibles puntualmente na nosa web.

Coa chegada de outubro CUAC FM inicia unha nova tempada de radio. Nesta ocasión temos que facelo a través da emisión en streaming dende a nosa web Emisión en directo ou dende a App gratuita en android e Apple Store. Tamén podes escoitarnos a través dos podcast de todos os nosotros programas neste enlace: Podcasts CUAC FM

Cento vinte persoas emitimos semanalmente na Radio Comunitaria da Coruña de xeito voluntario e sen ningún tipo de remuneración. Isto permítenos ter unha ampla programación en directo (más de 40 horas semanais) e preto de 40 programas, incluindo Carne Cruda que se emite tres días á semana en horario de mañá.

Unha das novas destacadas da tempada é o regreso de tres programas que xa emitiran en CUAC: Y a ti qué te importa?, En Boxes e Radiocassette. Continuan outros que son máis moito máis que radio, son un proxecto social: Radioactiva (realizado por usuarios de Padre Rubinos). Radio Promotea (realizado por persoas diagnosticadas con enfermidade mental), Dale voz (o proxecto de UTACA, a Unidade de Tratamento do Alcohol e conductas adictivas) ou A Fume de carozo, realizado por rapaces de moitos coles da provincia. Tamén cabe destacar Radio Senior, realizado un grupo de alumnos da Universidade Senior.

As temáticas en CUAC son do máis variado: dende series de TV a clásicos do rock’n’roll, pasando por magazines culturais como Recendo, realizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda ou Manda Carallo o programa para a xente que non ten aldea que desborda humor.

Ver programación con detalle (se pinchas en cada programa tes máis información)

CUAC_ASAMBLEA_PECHE_FM

 

Deixar unha resposta