O pasado xoves 4 de maio de 2017 coñecemos novas voces en CUAC FM. Nacía un novo programa realizado por alumnas e alumnos da Universidade Senior da UDC.  Persoas que se achegaban aos micros por primeira vez, cando xa levan percorrida unha boa parte da sua vida. Nunca é tarde para disfrutar da radio.

Radio Senior emítese os xoves ás 13:00 horas. Como podedes ver na foto, no seu programa inicial entrevistaron a Xulio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña. Hoxe emitiron o seu terceiro programa e cumpriron xa un mes en antena, cunha total ilusión e ledicia. Moita sorte compañeiros!

Nesta ligazón podes escoitar os programas emitidos: Radio Senior

E tamén visitar o Blog do programa: Blog Radio Senior en CUAC FM

 

Deixar unha resposta