Hoxe recibimos os últimos votos por parte dos xurados do noso XIX Concurso de Bandas e solistas CUAC FM. Unha vez realizado o reconto, estamos a contactar coas bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e tamén coas que participarán na Batalla de Bandas previstas para o sábado 7 de outubro na sala Mardi Gras.

O luns 26 será o día no que fagamos público os nomes das catro (finalmente entra unha banda máis das previstas nas bases do concurso) galegas que actuarán na praia de Riazor os días 11 e 12 de agosto, con Kaiser Cheifs e Jesus & Mary Chain como artistas principais. Nestes momentos ainda non temos confirmación de que as catro máis votadas podan actuar xa que a persoa de contacto de cada banda está avisando ao resto de músicos, polo que consideramos máis adecuado agardar a sua confirmación antes de facer públicos os gañadores.

Disfrutemos do San Xoán e o luns chegarán xa eses nomes agardados polos 141 proxectos presentados nesta edición do noso concurso. Grazas pola vosa comprensión.

 

Deixar unha resposta