CUAC FM en ACAMPA

CUAC FM en ACAMPA

CUAC FM emitirá hoxe, en directo, dentro da cobertura especial desta emisora sobre o proxecto ACAMPA, un PROGRAMA ESPECIAL que se realizará dende o Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez e ao que estades todos convidados. 

ESCOITA O PROGRAMA NO NOSO PODCAST: https://cuacfm.org/radioco/programmes/acampa/

Ao longo deste programa especial, pasarán polos micros de CUAC FM unha representación das entidades organizadoras da actividade, así como ONGs e organizacións que colaboran co evento.

Entre elas, falaremos con Rubén Sánchez, do Foro Galego pola Inmigración. Pasarán polos nosos micros representantes de ONGs como Intermón Oxfam, Domus Africa, Sik of waiting, Aire e Solidariedade Galega.

Contaremos tamén coas voces de galegos e galegas que dende Coruña, Ferrol ou toda Galicia traballan por una mundo mellor, como a Asociación ferrolana Fuco Buxán, o movemento Vangarda Obreira e a Marcha Mundial das mulleres.

Os educadores son tamén parte da solución ao problema. Por elo, convidamos ao Seminario galego pola paz e á revista Luzes para debater como dende os espazos de aprendizaxe podemos tornar conciencias e activar á cidadanía.

Finalmente, as crises humanitarias deben ter respostas políticas. Por elo, quixemos contar no programa de hoxe con representantes de 3 partidos políticos que están colaborando con ACAMPA: EQUO, PSOE, Espazo Ecosocialista e Esquerda Unida.

Un programa conducido por Isa Lema e Rubén Sánchez, e producido por Roberto Catoira, Carlos Humanismo, Tomi Desastre, Mónica Alonso, Luís Santillana, Roberto Ansede e os nosos técnicos de son Mariano Fernández e Chema Casanova.

Lembra que CUAC FM está a emitir por STREAMING todo o que acontece en ACAMPA. Sígueo en https://cuacfm.org/acampa/

ESCOITA CUAC FM NO 103.4 FM e na nosa web CUACFM.ORG/DIRECTO

Deixar unha resposta