Cía Campillo actuará no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao XIX Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM
 
Esta mañá comunicouse que a banda coruñesa Hexany era unha das catro bandas galegas que actuarían no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao Concurso de Bandas de CUAC FM. Tras facerse público este fallo detectamos un erro pola nosa parte xa que Hexany gañou o premio á Mellor Banda local no ano 2013 e segundo o punto 7º das bases do concurso non poderían ter participado este ano, xa que obtiveron premio hai catro anos.
 
Cía Campillo será a que finalmente actúe no festival e obteñen o Premio á Mellor Banda local. A actuación será coa sua banda, a Small Field Band, ao completo.
 
CUAC FM quere disculparse ante Hexany e os seus fans xa que, nunha consulta telefónica, dende a nosa emisora indicouselles que non había problema en que se presentaran, pero revisadas as bases comprobamos que esa resposta non era correcta e en canto detectamos o erro rectificamos o antes posible.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.